domingo, 20 de junio de 2021

Saídas á contorna de 4º e 6º de Educación Primaria

 

Durante as xornadas do 9 e 16 de xuño volvemos aproveitar para saír á contorna, esta vez cos cursos de 4º e 6º de Educación Primaria. Fomos moi afortunados xa que ámbolos dous días gozamos dunhas condicións meteorolóxicas inigualabels para ter unha mañá de convivencia e diversión na praia.

Con 4º, practicamos distintos xogos e actividades colectivas. Despois aproveitamos para merendar, ter un tempo de xogo libre. Tamén realizamos actividades de observación da fauna e da flora mariña nas rochas. Finalmente, dado que o tempo se prestaba, puidemos refrescarnos un pouco mollando os pés na auga do mar. Pasámolo en grande.












Pola súa parte, con 6º tivemos unha xornada inesquecible. Prácticamos moitos dos seus deportes colectivos favoritos e prevaleceron valores como o espírito de equipo, o compañerismo, a competitividade sana e sobre todo a diversión. Tamén houbo tempo para descansar, refrescarse na auga e incluso tomar un xelado antes da volta o cole. Nunca esqueceremos o ben que o pasamos.



















  



 

No hay comentarios:

Publicar un comentario