jueves, 10 de septiembre de 2020

INFORMACIÓN EDUCACIÓN FÍSICA CURSO 2020-2021

Estimadas Familias 

Como todos e todas sabemos, este curso debemos tomar medidas excepcionais para garantir a seguridade do noso alumnado. Tendo isto en conta, faise necesario comunicar algunhas medidas específicas que se tomarán dende Educación Física, así como o equipamento que debe traer o alumnado.

Medidas de protección individual:

Será fundamental a hixiene de mans tanto tanto ao comezo como ao finalizar a sesión.

Con respecto ao uso da máscara seguiremos as instruccións emitidas pola consellería, sendo esta obrigatoria agás nos seguintes supostos:

  • Cando a práctica de actividade física se realice no exterior, de maneira individual, a máis de 2 metros de distancia e resulte incompatible coa intensidade da actividade. En calquera caso será a mestra a que indique se nese momento se pode retirar.

Equipamento/material:

Os días que o alumnado teña Educación Física deberá acudir ao centro debidamente equipado atendendo ao seguinte:

  • Roupa e calzado deportivos. Deberán acudir xa vestidos ao centro para optimizar o tempo de práctica e evitar acudir aos aseos e vestiarios máis do necesario.

  • Máscara de reposto gardada no seu estoxo ou similar. É importante traer unha máscara de reposto, xa que cando facemos actividade física increméntase a actividade respiratoria e se a máscara se humedece perde a súa efectividade.

  • Bolsa de aseo.

  • Auga para hidratarse debidamente etiquetada co nome do alumno ou alumna.

  • Recoméndase na medida do posible que cada alumno/a traia na bolsa de aseo un xel hidroalcohólico de uso persoal para aproveitar ao máximo o tempo de práctica e evitar filas antes de realizar o aseo ou noutras situacións similares.

Uso dos aseos:

Realizarase un control de aforo nos aseos en función do espazo dispoñible.

Promoverase e prestarase especial atención á hixiene e ao lavado de mans.


Para unha información máis detallada das medidas de seguridade que vamos a implementar na práctica, podedes consultar o propocolo de centro disponible na páxina web.

Que teñades un bo comezo de curso

Apertas