lunes, 27 de junio de 2022

PROGRAMA EDUSAÚDE

 

ACTIVIDADES EDUSAÚDE


No CEIP Montemogos tomamos moi enserio o coidado da saúde do noso alumnado e por iso participamos no programa EDUsaúde centrándonos en dúas liñas de acción:

  • A promoción e práctica de actividade física.

  • A incorporación de hábitos alimentación máis saudables.

A continuación realízase un resumo das principais actividades levadas a cabo:


1. PATIOS MÁIS ACTIVOS.

En primeiro lugar, a través das cestas de material por aulas e posteriormente, cunha repartición máis inclusiva das pistas polideportivas onde houbo espazo para máis variedade de xogos (diferentes deportes colectivos e xogos tradicionais).


Tamén puxemos a disposición un altofalante portable para que os alumnos e alumnas de primaria fixeran uso do mesmo, creando así un recuncho para o baile.




2. AMPLIAMOS O ROCÓDROMO.

Creamos un recuncho de escalada que se atopa no patio de primaria pero que frecuentemente tamén gozou do mesmo o alumnado de infantil xogando coas súas mestras.



3. CHARLAS, ACTIVIDADES E OBRADOIROS DE ALIMENTACIÓN.

Contamos cunha profesional da zona que impartiu charlas e obradoiros en 5º e 6º de Educación Primaria.



Tamén se realizaron actividades moi interesantes dende as titorías como a lectura de etiquetas de certos alimentos, que por exemplo, utilizan nas súas merendas ou experiencias científicas para detectar a presenza de almidón en certos alimentos (mortadela, xamón cocido, preparados lácteos, etc.).



4. PROMOCIÓN E COÑECEMENTO DE ACTIVIDADES DEPORTIVAS E XOGOS DIVERSOS DENDE A ÁREA DE EDUCACIÓN FÍSICA.


Este aspecto é fundamental para que o alumnado adquira o gusto pola práctica de actividade física e poidan elixir practicala no seu tempo de lecer, tanto en horario escolar (no patio) coma fora do centro en entidades, clubes, escolas deportivas, etc.

Tendo isto en conta, practicamos tanto os deportes máis tradicionais e xa coñecidos por eles (balonman, voleivol, bádminton, baloncesto, futbol, etc.) como outro tipo de deportes colectivos máis novedosos e inclusivos (Datchball, Hockey, Ultimate, colpbol...).





5. COLABORACIÓN CON ENTIDADES DA ZONA E COÑECEMENTO DE CERTAS MODALIDADES DEPORTIVAS CON TÉCNICOS A TRAVÉS DO PROGRAMA XOGADE.

As actividades nas que participamos foron a de voleivol con 5º de EP, na que ademais participamos nun torneo intercentros, e Badminton con 4º EP.




6. EXCURSIÓNS ACTIVAS E EDUCACIÓN FÍSICA NA CONTORNA.

Finalmente, ademais das excursións específicas nos últimos meses de curso para practicar xogos e actividades físico-deportivas, tamén se realizaron durante o curso varios roteiros e andainas a puntos de interese da localidade, promovendo esta actividade tan saudable e sostible.



























viernes, 25 de marzo de 2022

ENCONTRO SOBRE ALIMENTACIÓN SAUDABLE

Esta semana co alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria tivemos a oportunidade de coñecer un pouco máis sobre alimentación e hábitos saudables grazas á visita de Antía Pazos, unha gran profesional neste campo que ademais é da zona de Bueu.

Foi un encontro moi interesante no que ademais de aprender moito máis sobre alimentación e sobre como comer mellor, tamén enfocamos o tema cara á prevención de futuras malas relacións coa comida, así como dos perigos da publicidade nas redes sociais neste ámbito. 

No noso cole estamos moi concienciados da importancia de mellorar e preservar a saúde do alumnado; por iso participamos no programa EDU SAÚDE, desde o cal levamos a cabo diversas accións (dentro das cales se enmarca este encontro) encamiñadas a mellorar o estado físico e psicosocial dos nosos nenos e nenas. 





Finalmente, se nos interesa aprender un pouquiño máis sobre alimentación, aquí tedes a ligazón á páxina de Antía:
Moitas grazas Antía pola túa contribución e ate a próxima!