lunes, 27 de junio de 2022

PROGRAMA EDUSAÚDE

 

ACTIVIDADES EDUSAÚDE


A saúde é un dos bens máis prezados que posuímos e no CEIP Montemogos tomamos moi enserio o coidado e a preservación da saúde do noso alumnado, por iso participamos no programa EDUsaúde e centrámonos en dúas liñas de acción.

  • A promoción e práctica de actividade física.

  • A incorporación de hábitos alimentación máis saudables.

A continuación realízase un resumo das principais actividades levadas a cabo:


1. PATIOS MÁIS ACTIVOS.

Primeiro a través das cestas de material por aulas e posteriormente para unha repartición máis inclusiva das pistas polideportivas onde había espazo para máis variedade de xogos (diferentes deportes colectivos e xogos tradicionais), intereses e polo tanto incrementando o número de alumnado que participaba neles.


E puxemos a disposición un altofalante portable para que os alumnos e alumnas de primaria poideran facer uso do mesmo, creando así un recuncho para baile.




2. AMPLIAMOS O ROCÓDROMO.

Así, creamos un recuncho de escalada que se atopa no patio de primaria pero que frecuentemente tamén gozou do mesmo o alumnado de infantil en tempos de xogo coas súas mestras.



3. CHARLAS, ACTIVIDADES E OBRADOIROS DE ALIMENTACIÓN.

Contamos cunha profesional da zona que impartiu charlas e obradoiros en 5º e 6º de Educación Primaria.



Tamén se realizaron actividades moi interesantes dende as titorías como a lectura de etiaquetas de certos alimentos, que por exemplo, utilizan nas súas merendas ou experiencias científicas para detectar a presenza de almidón en certos alimentos (mortadela, xamón cocido, preparados lácteos, etc.).



4. PROMOCIÓN E COÑECEMENTO DE ACTIVIDADES DEPORTIVAS E XOGOS DIVERSOS DENDE A ÁREA DE EDUCACIÓN FÍSICA.


Este aspecto é fundamental para que o alumnado adquira o gusto pola práctica de actividade física e poidan elixir practicala no seu tempo de lecer, tanto en horario escolar (no patio) coma fora do centro en entidades, clubes, escolas deportivas, etc.

Tendo isto en conta, practicamos tanto os deportes máis tradicionais e xa coñecidos por eles (balonman, voleivol, bádminton, baloncesto, futbol, etc.) como outro tipo de deportes colectivos máis novedosos e inclusivos (Datchball, Hockey, Ultimate, colpbol...).





5. COLABORACIÓN CON ENTIDADES DA ZONA E COÑECEMENTO DE CERTAS MODALIDADES DEPORTIVAS CON TÉCNICOS A TRAVÉS DO PROGRAMA XOGADE.

As actividades nas que participamos foron a de voleivol con 5º de EP, na que ademais participamos nun torneo intercentros, e Badminton con 4º EP.




6. EXCURSIÓNS ACTIVAS E EDUCACIÓN FÍSICA NA CONTORNA.

Finalmente, ademais das excursións específicas nos últimos meses de curso para practicar xogos e actividades físico-deportivas, tamén se realizaron durante o curso varios roteiros e andainas a puntos de interese da localidade, promovendo esta actividade tan saudable e sostible.



























No hay comentarios:

Publicar un comentario