Estimadas Familias
Como todos e todas sabemos, este curso debemos tomar medidas excepcionais para garantir a seguridade do noso alumnado. Tendo isto en conta, faise necesario comunicar algunhas medidas específicas que se tomarán dende Educación Física, así como o equipamento que debe traer o alumnado.
Medidas de protección individual:
Será fundamental a hixiene de mans tanto tanto ao comezo como ao finalizar a sesión.
Con respecto ao uso da máscara seguiremos as instruccións emitidas pola consellería, sendo esta obrigatoria agás nos seguintes supostos:
Cando a práctica de actividade física se realice no exterior, de maneira individual, a máis de 2 metros de distancia e resulte incompatible coa intensidade da actividade. En calquera caso será a mestra a que indique se nese momento se pode retirar.
Equipamento/material:
Os días que o alumnado teña Educación Física deberá acudir ao centro debidamente equipado atendendo ao seguinte:
Roupa e calzado deportivos. Deberán acudir xa vestidos ao centro para optimizar o tempo de práctica e evitar acudir aos aseos e vestiarios máis do necesario.
Máscara de reposto gardada no seu estoxo ou similar. É importante traer unha máscara de reposto, xa que cando facemos actividade física increméntase a actividade respiratoria e se a máscara se humedece perde a súa efectividade.
Bolsa de aseo.
Auga para hidratarse debidamente etiquetada co nome do alumno ou alumna.
Recoméndase na medida do posible que cada alumno/a traia na bolsa de aseo un xel hidroalcohólico de uso persoal para aproveitar ao máximo o tempo de práctica e evitar filas antes de realizar o aseo ou noutras situacións similares.
Uso dos aseos:
Realizarase un control de aforo nos aseos en función do espazo dispoñible.
Promoverase e prestarase especial atención á hixiene e ao lavado de mans.
Para unha información máis detallada das medidas de seguridade que vamos a implementar na práctica, podedes consultar o propocolo de centro disponible na páxina web.
Que teñades un bo comezo de curso
Apertas
No hay comentarios:
Publicar un comentario