viernes, 4 de junio de 2021

Saídas ao entorno de 5º de E. Infantil e 5º de E. Primaria

Esta semana tivemos a oportunidade de aproveitar as posibilidades da nosa marabillosa contorna para realizar xogos e actividade física nun contexto distinto. Ademais, este tipo de actividades favorecen o coidado e a preservación do medio ambiente, aspecto moi en consonancia co PDI de centro"Coidemos o noso".

Con 5º de E.I. fomos camiñanado á antiga escola de Curraces; un lugar fermoso cheo de vexetación (plantas, árbores...) e unhas vistas espectaculares cara a Ría de Pontevedra.  








Con 5º de E.Primaria baixamos camiñanado ate a Praia de Area de Bon; un lugar idílico para facer todo tipo de xogos en equipo. Foi unha xornada de xogo e convivencia.
















No hay comentarios:

Publicar un comentario