domingo, 20 de junio de 2021

Saídas á contorna de 4º e 6º de Educación Primaria

 

Durante as xornadas do 9 e 16 de xuño volvemos aproveitar para saír á contorna, esta vez cos cursos de 4º e 6º de Educación Primaria. Fomos moi afortunados xa que ámbolos dous días gozamos dunhas condicións meteorolóxicas inigualabels para ter unha mañá de convivencia e diversión na praia.

Con 4º, practicamos distintos xogos e actividades colectivas. Despois aproveitamos para merendar, ter un tempo de xogo libre. Tamén realizamos actividades de observación da fauna e da flora mariña nas rochas. Finalmente, dado que o tempo se prestaba, puidemos refrescarnos un pouco mollando os pés na auga do mar. Pasámolo en grande.












Pola súa parte, con 6º tivemos unha xornada inesquecible. Prácticamos moitos dos seus deportes colectivos favoritos e prevaleceron valores como o espírito de equipo, o compañerismo, a competitividade sana e sobre todo a diversión. Tamén houbo tempo para descansar, refrescarse na auga e incluso tomar un xelado antes da volta o cole. Nunca esqueceremos o ben que o pasamos.



















  



 

miércoles, 16 de junio de 2021

Saídas á contorna de 4º e 6º de Educación Infantil e 2º de Educación Primaria

Durante as xornadas do  7 e 8 de xuño, volvemos saír á contorna para realizar actividade Física e xogos  no medio natural con motivo da participación no contrato programa "Promoción da actividade Física en horario lectivo". Pasámolo en grande! 

Con 4º de E.I. fomos camiñanado á antiga escola de Curraces; onde os cativos gozaron do xogo rodeados de natureza como podemos comprobar nas seguintes fotos.  













Con 6º de E. Infantil e 2º de E. pasamos a mañá na Praia de Area de Bon; onde realizamos xogos de equipo, xogos de pilla e de corro, observamos a fauna e a flora mariña nas rochas, coñecemos a "Conchosa" e ata practicamos un pouco de arte efímero na area.
Foi xenial.