Achégase as vacacións e o que máis nos apetece e xogar. Por este motivo as novas propostas de Educación Física tratan sobre xogos ideais para compartir en familia este verán.
DIVERTIDO XOGO DE PELOTA NA CASA
Só precisamos unha mesa, unha pelota alguén con quen xogar e coñecer as normas que poderemos atopar no seguinte vídeo:
XOGOS DE PISCINA
O TIBURÓN: unha persoa apanda, fai o papel de "tiburón" e queda dentro da piscina. O resto deberán tirarse ao mesmo tempo e intentar cruzala a nado sen que o tiburón lles atrape.
CARREIRAS DE TRANSPORTES: cada un terá os mesmos obxectos nun lado da piscina (chancletas, belóns, etc.) e deberá transportalos todos ao outro lado máis rápidamente que o resto de xogadores.
XOGOS DE PRAIA:
FIGURAS DE AREA: podemos xogar a facer figuras na área utilizando area e cunchas. Por exemplo, unha serea, un caranguexo, etc.
XOGOS PARA MOLLARSE
A BOMBA: xogaremos en círculo coma no clásico xogo da bomba, pasando unha pelota ou globo entre os participantes mentres a persoa que está no medio conta pero cunha variante; a quen que lle "explote a bomba" deberá mollarse con algo (mangueira, cubo con auga, tirarse na piscina, etc.)
A, E, I, O, U!: para xogar deberemos estar colocados en círculo. A dinámica consiste en pasar a pelota con golpeos (coma no voley) mentres cantamos as vogais (a, e, i, o, u) e cando toque cantar a "u" deberemos golpear a pelota para darlle a un dos participantes; se conseguimos darlle, éste deberá mollarse igual que no xogo anterior.
TAREFA OPTATIVA:
Finalmente, propoñemos unha tarefa optativa que complementa a última que fixemos de expresión corporal con mímica.
Esta trata sobre a expresión facial das emocións.
Podedes facer fotos de cómo sodes capaces de expresar coa cara diferentes emocións: ledicia, medo, tristura, enfado e sorpresa. Se vos apetece podedes incluso caracterizarvos. Os máis pequenos do cole xa fixeron esta actividade.
Se queredes mirar o exemplo de como o fixen eu podédelo atopar na anterior entrada do blog:
Instruccións para a entrega:
- Opción 1: entregar nun único documento (Word, Presentación, imaxe única cun collage das emocións)
- Opción 2: entregar as fotos seleccionadas como arquivos independentes (só unha por cada emoción)
Entregar a: edufisbeluso@gmail.com
Boa semana!
No hay comentarios:
Publicar un comentario